Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 24 de agosto de 2015 Páx. 34687

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se fai pública a formalización da subministración sucesiva de carne de coello (expediente MS-EIS1-15-033).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: MS-EIS1-15-033.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva de carne de coello para a Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

c) Lotes (de ser o caso): único.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 15119100-6.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

h) Data de publicación do anuncio de licitación: 16 de abril de 2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 141.878,98 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 69.209,26 euros. Importe total: 76.130,19 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 14 de xullo de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 16 de xullo de 2015.

c) Contratista: Conejos Gallegos, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 68.780,00 euros.

Importe total: 75.658,00 euros.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2015

Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela