Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 21 de agosto de 2015 Páx. 34418

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 5 de agosto de 2015 polo que se fai pública a proposta de resolución ditada no expediente sancionador DH.D15.47854 en materia de verteduras de augas residuais.

Con data do 17 de xuño de 2015 ditouse proposta de resolución no expediente sancionador de referencia seguido contra Recoge Galicia de Gestión, S.L. pola comisión dunha infracción de carácter leve en materia de verteduras de augas residuais, tipificada no artigo 85 b) da Lei 9/2010.

Intentada a notificación da dita proposta de resolución por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolto polo servizo de Correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante este anuncio notifícaselle a proposta de resolución ao interesado e fáiselle saber que unha copia dela está á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo de quince días, contado a partir do día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do dito acordo, tempo durante o cal poderá presentar as alegacións que considere oportunas.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2015

Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia