Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 21 de agosto de 2015 Páx. 34366

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación, documentalmente simplificada, relativa á subministración dun vehículo autobomba urbano lixeiro (BUL) de primeira saída con destino á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, prioridade 53. Procedemento aberto e tramitación ordinaria.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, bloque nº 1, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfonos: información de índole técnica: 981 54 60 15 / 981 54 60 17 e información de índole administrativa 981 54 42 59 / 981 54 45 17.

5º. Telefax: 981 54 42 39.

6º. Correos electrónicos:

natalia.lobato.mosquera@xunta.es; manuel.perez.gonzalez@xunta.es

jose.antonio.fernandez.lopez@xunta.es; jose.gonzalez.cores@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23203

8º. Data límite da obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

d) Número do expediente: 2015-SUEI 15/AMP.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de subministracións.

b) Descrición: subministración dun vehículo autobomba urbano lixeiro (BUL) de primeira saída con destino á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, prioridade 53.

c) División por lotes e número de lotes:

– Lotes: non leva lotes.

– Número de unidades: un vehículo.

d) Lugar de execución: o indicado na epígrafe M da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución: catro meses contados a partir do día seguinte ao da formalización do contrato.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 34114000-9 / 34114100-0 / 34144200-0 / 42415320-7.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na epígrafe J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 205.785,12 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 205.785,12 €.

Importe total: 249.000,00 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na epígrafe F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na epígrafe G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e finalizará o décimo quinto día natural, ás 14.00 horas, agás que o último día fose inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama, fax ou burofax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: oficina do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía do Complexo Administrativo San Caetano.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: terá lugar en acto público, ás 11.30 horas, o décimo día natural seguinte ao da data de finalización do prazo de presentación das proposicións; de coincidir sábado ou inhábil, trasladarase ao primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2015

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza