Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 20 de agosto de 2015 Páx. 34298

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comandancia da Garda Civil da Coruña

ANUNCIO de poxa de armas.

Ás 9.00 horas do día 28 de setembro de 2015 terá lugar nas dependencias da Garda Civil da Coruña, sitas na rúa Médico Devesa Núñez, 3, a poxa de armas composta por 751 lotes de escopetas, carabinas, rifles, pistolas e revólveres, que serán expostas ao público os días 21, 22, 23, 24 e 25 de setembro, neste acuartelamento das 9.00 ás 14.00 horas, horario en que se entregará o prego de condicións.

A poxa será en sobre pechado e o prazo de entrega, coas ofertas, rematará ás 13.00 horas do día 25 de setembro.

Poderán concorrer as persoas que o desexen e que estean legalmente habilitadas para adquirirlas.

A Coruña, 27 de xullo de 2015

Fernando Pedreira Lata
Tenente coronel xefe interino