Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 19 de agosto de 2015 Páx. 33997

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 12 de agosto de 2015, da Dirección Xeral de Política Lingüística, pola que se conceden subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios, ao abeiro da convocatoria regulada na Orde do 4 de maio de 2015.

Advertido un erro na publicación da citada resolución no Diario Oficial de Galicia do 18 de agosto de 2015, cómpre a corrección oportuna:

No sumario ou índice completo e no que inicia a dita resolución na páxina 33838, onde di: «Resolución do 12 de agosto de 2015, da Dirección Xeral de Política Lingüística, pola que se conceden subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios, ao abeiro da convocatoria regulada na Orde do 4 de maio de 2015», debe dicir: «Resolución do 12 de agosto de 2015, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se conceden subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios, ao abeiro da convocatoria regulada na Orde do 4 de maio de 2015.».