Número de expediente: IN407A 2015/188-1.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Denominación: recuamento LMT CRN-708A e adecuación ao CT Lago.
Concello: Valdoviño.
Características técnicas:
Elevación entre os apoios nº 82 e nº 87 da liña eléctrica de media tensión aérea CRN-708A, a 15 kV, nunha lonxitude de 0,287 km, coa orixe no apoio existente nº 82, onde se realiza a derivada ao CT Vilar (expediente 25/99), e final no apoio nº 97 proxectado HVH-13-4.500 que substitúe o existente no tramo da derivada ao CT Lago Mosende (expediente 7.372) e a derivada ao CT Lago Pena (71/97), en condutor LA-110 mm2 Al.
Liña eléctrica subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,020 km, coa orixe no paso aéreo subterráneo que se realizarará no apoio nº 85 proxectado tipo HVH-15/1.000 que se vai intercalar na LMT CRN708A (expediente 8.167) no tramo da derivada ao CT Vilar (expediente 25/99) e a derivada ao CT Lago Mosende (expediente 7.372), en condutor RHZ1-2OL 12/20 KV 1×240 mm2 AL e final na cela de liña proxectada no CT Lago Mosende que se vai reformar.
Reforma do centro de transformación Lago Mosende (expediente 7.372), substituíndo toda a aparellaxe de media tensión existente ao aire por un CT de tipo compacto manobra exterior 2L+1P sen envolvente de formigón con transformador de 160 kVA e relación de transformación de 15.000/400 V a instalar na caseta de obra civil que se vai reformar.
Lexislación de aplicación:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.
A Coruña, 24 de xullo de 2015
P.A. (Artigo 30.3 Decreto 110/2013; DOG nº 140, do 24 de agosto)
Mª Mar Ferreiro Broz
Xefa do Servizo de Administración Industrial