Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 19 de agosto de 2015 Páx. 34136

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2015 pola que se fai pública a adxudicación e formalización de varios contratos administrativos.

Para os efectos do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise público que, mediante resolucións do Instituto Galego da Vivenda e Solo, en uso das facultades conferidas pola Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do IGVS; polo Decreto 288/1988, do 29 de setembro, que a desenvolve; polo artigo 4.2.e) do Decreto 97/2014, do 24 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica do IGVS, e a Resolución do 23 de xuño de 2010, de delegación de funcións en materia de contratación no director xeral do IGVS, foron formalizados os seguintes contratos:

1. Título: obras de equipamento de 126 cociñas no grupo de 132 VPP en Valdecorvos (Pontevedra). Expediente: PO-2008/701-C.

Sistema de adxudicación: procedemento aberto.

Data resolución de adxudicación: 3 de xullo de 2015.

Adxudicataria: Prado Lameiro, S.L.

Importe: 180.736,30 € (IVE excluído).

Formalización: 13 de xullo de 2015.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2015

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo