Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Martes, 18 de agosto de 2015 Páx. 33865

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (374/2014).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso suplicación 374/2014 desta Sección, seguido por instancia da Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra a empresa Consorcio de Compensación de Seguros, Disvifan, S.L., Blanca Dora Noreña de Salazar e outros, sobre outros dereitos laborais, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da secretaria xudicial María Isabel Freire Corzo.

A Coruña, 27 de xullo de 2015.

Únese o anterior escrito, presentado polo letrado da Administración da Seguridade Social, en nome e representación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, ao recurso correspondiente.

Considérase preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e concédese á parte recorrente o prazo de quince días para interpor o recurso ante esta Sala. Fáiselle saber que os autos se encontran ao seu dispor na oficina xudicial para a súa entrega ou exame se o coida preciso e que deberá sinalar un domicilio para notificacións na sede do Tribunal Supremo, a menos que xa o designase.

Requírase a recorrente para que achegue, no momento de interposición do recurso, certificación da sentenza que invoca, con expresión da súa firmeza.

Así mesmo, comunícaselle á recorrente que non é preciso presentar o xustificante de ingreso das taxas xudiciais ao interpor o recurso, xa que o recurso de casación para unificación de doutrina non está suxeito ao seu pagamento, segundo interpretación vinculante da Axencia Tributaria (consulta nº V3674-13).

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe ningún recurso, sen prexuízo de que a parte impugnada se poida opor á admisión do recurso cando compareza ante o Tribunal Supremo.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Blanca Dora Noreña de Salazar, Manuel Iglesias Simón, Rumilda Pastora Ayala Estigarribia, Yohana Moreno Sanabria, Tulibeth Fuenmayor Quevedo, Pablina Elizabeth Sanabria Cañete, Andrea Poledna, Brenda Wilson, Luz Elena Dondoña Holguín, Nélida Rafaela González Sánchez, Esmarlyn Henríquez, Larubia Rozado Costa da Silva, Liliana Concepción Mareco Santa Cruz, Felicinda Sánchez Rosendo, María Helena Luiza da Silva, Norma Alejandra Benítez, Stella Osagie, "Ver PDF", Mariana Costache, Gloria Elena Abonce Mosquera, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos, sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de xullo de 2015

A secretaria xudicial