Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Martes, 18 de agosto de 2015 Páx. 33896

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 21 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador solidario na orde social RL 2004/0358-4.

Ao non seren atopados nos enderezos coñecidos por esta xefatura territorial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar no Boletín Oficial del Estado, ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992 a fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia, ao ter entrada no Rexistro Único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo a copia da sentenza do Xulgado do Penal número 3 de Pontevedra, ditada no procedemento núm. 258/2014, polo accidente laboral dos traballadores José Luis Xavier de Melo e Ricardo Viana Martíns.

Os documentos que constan no expediente solidario son:

• Acta de infracción.

• Xustificantes das notificacións.

• Escrito de alegacións da empresa Construçoes Luz do Lima, Lda.

• Copia da sentenza xudicial.

Dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar o expediente nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Traballo e Economía Social, Sección de Sancións, sita na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.

Expediente: RL 2004/0358-4.

Acta núm. 385/2004.

Empresa: La Marmifera, S.L.U.

NIF/DNI: B-36387363.

Enderezo: r/ Alfredo García Alén, 8. Pontevedra.

Empresa: Construçoes Luz do Lima, Lda.

NIF/DNI: 505858460.

Enderezo: Sabado-Arcozelo, Ponte de Lima. Portugal.

Vigo, 21 de xullo de 2015

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo