Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 17 de agosto de 2015 Páx. 33830

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de licitación de servizos de promoción turística.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Turismo. Nº de expediente: 5640-104.

2. Obxecto do contrato: descrición: promoción turística da cidade de Vigo no mercado turístico catalán e en novos mercados turísticos internacionais co obxectivo de atraer turistas procedentes destes mercados.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: 37 meses.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 4.925.000 euros.

5. Garantías provisionais: non se exixen.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante); teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará o décimo quinto día seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo. Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas técnica e conómica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

9. Outras informacións: _.

10. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 7 de agosto de 2015

P.D. (Resolución do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación