Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 17 de agosto de 2015 Páx. 33827

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO do 21 de xullo de 2015 polo que se convoca a licitación da sinalización horizontal e vertical da rede viaria.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. Michelena, nº 30, 36001 Pontevedra. Órgano de contratación: Xunta de Goberno.

2. Obxecto: mantemento e conservación do sistema de sinalización horizontal e vertical da rede viaria. Prazo de execución: catro anos; prórroga: dous anos.

3. Procedemento e forma: aberto, criterios de adxudicación: anexo II Pcap.

4. Orzamento de licitación total: 1.188.000 euros.

5. Garantías: provisional: non. Definitiva: 5 %.

6. Obtención da documentación e información: Servizo de Contratación. Teléfono: 986 80 43 00, fax: 886 21 28 43 e www.pontevedra.eu

7. Presentación de ofertas: cláusula 7ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Criterios de adxudicación e apertura das ofertas: segundo o establecido nos pregos.

Pontevedra, 21 de xullo de 2015

P.D. (13.6.2015)
Raimundo González Carballo
Concelleiro de Goberno