Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 17 de agosto de 2015 Páx. 33807

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2015 pola que se anuncia a contratación non suxeita a regulación harmonizada, mediante documentación simplificada, de logopedia, atención temperá e rehabilitación integral, a pacientes con parálise cerebral e patoloxías semellantes na estrutura organizativa da Xestión Integrada de Vigo (expediente AB-SER4-15-002).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER4-15-002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: prestación de servizos de logopedia, atención temperá e rehabilitación integral a pacientes con parálise cerebral e patoloxías semellantes na estrutura organizativa da Xestión Integrada de Vigo.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Prazo de execución: dous anos desde a formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: ata un máximo de 100 puntos, atendendo aos seguintes criterios:

A) Criterios avaliables de forma automática:

Oferta económica

De 0 a 40 puntos.

Recursos humanos

De 0 a 20 puntos.

B) Criterios non avaliables de forma automática:

1

Experiencia en atención temperá

De 0 a 20 puntos.

2

Equipamento adicional

De 0 a 20 puntos.

4. Orzamento base de licitación: oitocentos mil euros (800.000 €).

Ano

Importe

2015

133.333

2016

400.000

2017

266.667

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Garantía definitiva: 5 % do importe de licitación

7. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Servizo Galego de Saúde.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, 2º andar.

c) Localidade e código postal: 157031 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 881 54 27 78.

e) Telefax: 881 54 2 72.

f) Data límite de obtención de documentos e información: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

8. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver punto 6.6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que deben presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde (ver número 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses contados desde a data de apertura das proposicións para a adxudicación (artigo 161 TRLCSP), ampliable en quince días hábiles nos supostos do artigo 152.3 TRLCSP.

e) Admisión de variantes: non.

10. Apertura das proposicións: a data, a hora e o lugar de realización das mesas de apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante www.sergas.es

11. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Gastos de anuncios: si, por conta do adxudicatario. Ver punto 3.6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

13. Páxina web onde obter información relativa á convocatoria ou onde se poden obter os pregos: perfil do contratante: www.sergas.es

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2015

P.D. (Decreto 43/2013, do 21 de febreiro; Orde 5.7.2012)
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Xerente do Servizo Galego de Saúde