Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 17 de agosto de 2015 Páx. 33791

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a inscrición da disolución efectuada en virtude de mandamento xudicial da entidade O Ferrado, Sociedade Cooperativa Galega en liquidación.

En cumprimento do disposto no artigo 62 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, aprobado polo Decreto 430/2001, do 18 de decembro, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a disolución da entidade O Ferrado, Sociedade Cooperativa Galega en liquidación, efectuada en virtude do mandamento do Xulgado do Mercantil número 1 da Coruña, do 2 de xuño de 2015, ditado no procedemento concursal sección V. Liquidación 310/2014, sobre concursos voluntarios, dándose así apertura á fase de liquidación, resolución que é firme.

A Coruña, 10 de xullo de 2015

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña