Número de expediente: IN407A 2015/182-1.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Denominación: ampliación de potencia do CT Son Seminario.
Concello: Porto do Son.
Características técnicas:
Ampliación de potencia do centro de transformación caseta (expediente 23.781), cunha potencia de 400 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.
Lexislación de aplicación:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.
A Coruña, 22 de xullo de 2015
P.A. (Artigo 30.0 Decreto 110/2013; DOG nº140, do 27 de agosto)
Mª Mar Ferreiro Broz
Xefa do Servizo de Administración Industrial