Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 17 de agosto de 2015 Páx. 33787

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Outes (expediente IN407A 2015/187-1).

Nº de expediente: IN407A 2015/187-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT TA2-809 derivada a CT Cando.

Concello: Outes.

Características técnicas:

Elevación entre os apoios nº 13 e nº 13/1 da liña eléctrica de media tensión aérea TA2-809, a 20kV, no tramo da derivada ao CT Cando; proxéctase a substitución do apoio nº 13/1 existente por un novo apoio de celosía metálico de tipo C-18/3.000 que se instalará ao pé da caseta do CT Cando e substitúese o condutor existente LA-30 por LA-56 cunha lonxitude de 60 m con orixe no apoio nº 13 existente e final no apoio 13/1.

Liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 18 m, con orixe no apoio nº 13/1 (proxectado), en condutor RHZ-2 OL-12/20 kV 3 (1×95 Al) e final no CT Cando.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 24 de xullo de 2015

P.A. (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013; DOG núm. 140, do 24 de xullo)
Mª Mar Ferreiro Broz
Xefa do Servizo de Administración Indudstrial