Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 17 de agosto de 2015 Páx. 33770

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 29 de xullo de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai pública a memoria ambiental correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).

Faise pública a Resolución do 28 de xullo de 2015 pola que se formula a memoria ambiental estratéxica correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), en cumprimento do disposto na devandita resolución.

A integración do proceso de avaliación ambiental estratéxica ordinaria no procedemento de elaboración e aprobación do programa está previsto na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

A declaración ambiental estratéxica pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave, introducindo o código: 1581/2013.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental