Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 17 de agosto de 2015 Páx. 33759

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo da subministración de analizadores automáticos de medida de gases contaminantes no aire ambiente, cabinas de intemperie e sistemas auxiliares destinados ao Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun máximo do 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 4/2015 CA.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22037

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de analizadores automáticos de medida de gases contaminantes no aire ambiente, cabinas de intemperie e sistemas auxiliares destinados ao Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 38430000-9.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto harmonizado.

4. Valor estimado do contrato: 231.123,97 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 231.123,97 €; importe total: 279.660,00 €.

6. Financiamento: cofinanciado ata un máximo do 80 % co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, tema prioritario 47.

7. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 18.6.2015.

b) Data de formalización do contrato: 27.7.2015.

c) Adxudicataria: Ingenieros Asesores, S.A.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 226.494,13 €; importe total con IVE: 274.057,90 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2015

P.D. (Orde do 15.3.2012; DOG núm. 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio
Ambiente, Territorio e Infraestruturas