Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 17 de agosto de 2015 Páx. 33765

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 9 de xullo de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe de impacto ambiental sobre o proxecto denominado taller de reparación e venda de maquinaria agrícola e todo tipo de vehículos automóbiles, así como centro de xestión de vehículos ao final da súa vida útil, no concello de Arzúa (A Coruña), promovido por José Antonio Suárez Salgueiros (clave 2015/0022).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 7 de xullo de 2015 sobre o proxecto denominado taller de reparación e venda de maquinaria agrícola e todo tipo de vehículos automóbiles, así como centro de xestión de vehículos ao final da súa vida útil, no concello de Arzúa (A Coruña), promovido por José Antonio Suárez Salgueiros.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:

http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental