Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 14 de agosto de 2015 Páx. 33583

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por María Veracruz Gutiérrez García.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 4 de A Coruña tramítase o recurso 147/2015 (procedemento abreviado), interposto por María Veracruz Gutiérrez García, contra a resolución presunta da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, desestimatoria do recurso de reposición interposto o 13 de abril de 2015 fronte á Resolución do 19 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter definitivo, o concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal licenciado sanitario, convocado por Resolución do 8 de xaneiro de 2014 (DOG nº 59, do 27 de marzo de 2015).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no xulgado no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2015

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos