Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 14 de agosto de 2015 Páx. 33510

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 24 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador CON-PO-0105/2015-V e catro máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo os actos que se indican, despois de que fosen devoltos polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou porque, tentadas dúas veces as notificacións, estas non se puideron efectuar.

Segundo se establece no artigo 61 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinaren estes actos na sede desta xefatura territorial, situada na rúa Fernández Ladreda, 43, 4º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 24 de xullo 2015

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto notificado

Acto adoptado por

CON-PO-0105/2015

Sara Sobral Gómez

Proposta de resolución

A instrutora

CON-PO-0124/2015

Belén Susana Fernández Arrizabalo

Proposta de resolución

A instrutora

CON-PO-0188/2015

Martín Domínguez Frade

Incoación

O xefe territorial

CON-PO-0194/2015

Antonio José de la Torre Rodríguez

Incoación

O xefe territorial

ANP-PO-0053/2015

Juan José Gutiérrez Yepes

Incoación

O xefe territorial