1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).
b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.
c) Obtención da documentación e información:
1º. Dependencia: Cixtec.
2º. Enderezo: r/ Domingo Fontán, 9.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.
4º. Teléfono: 981 54 13 37.
5º. Telefax: 981 54 12 70.
6º. Enderezo electrónico: contratacion.rexistro@cixtec.es
7º. Enderezo da internet do perfil de contratante: www.cixtec.es
8º. Data límite de obtención da documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.
d) Número de expediente: 2015-013.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: subministracións.
b) Descrición do obxecto: subministración e instalación de ampliación de sistemas de almacenamento corporativo para cubrir as necesidades de almacenamento derivadas do proxecto Arpad, dentro do marco rexional do Programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Norte de Portugal, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, Poctep, mediante tramitación documentalmente simplificada.
c) Lugar de entrega: o indicado no prego de prescricións técnicas.
d) Prazo de entrega: 30 días desde a formalización do contrato.
e) Admisión de prórroga: non.
f) CPV: 30233132-5.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: pluralidade de criterios.
d) Criterios de adxudicación: os estipulados no prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Valor estimado do contrato.
Importe: 180.413,88 euros.
5. Orzamento base de licitación.
a) Importe neto: 180.413,88 euros. Importe total: 218.300,79 euros.
6. Garantías esixidas.
Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.
7. Requisitos específicos do contratista.
a)Clasificación: non se exixe.
b)Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional (de ser o caso): a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación das ofertas.
a) Data límite de presentación de ofertas:
1º. Ofertas presentadas a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex): o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.
2º. Ofertas presentadas en sobre pechado: o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir o dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das ofertas rematará o primeiro día hábil seguinte. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición de envío na oficina de Correos e comunicarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 12 70) no mesmo día.
b) Modalidade de presentación: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1º. Documentación presentada a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex). Enderezo electrónico: www.conselleriadefacenda.es/silex
2º. Documentación presentada en sobre pechado:
Dependencia: Rexistro Xeral do Cixtec.
Enderezo: r/ Domingo Fontán, 9.
Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.
d) Admisión de variantes: non se admiten.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Cixtec.
b) Enderezo: r/ Domingo Fontán, nº 9.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Descrición: a data e hora da mesa de apertura de criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas serán publicadas oportunamente no perfil de contratante e comunicaranse aos licitadores.
10. Gastos de anuncios: os gastos de anuncios correrán a cargo do adxudicatario e serán, como máximo, de 10,82 € por liña publicada no DOG.
Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2015
M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable