Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 13 de agosto de 2015 Páx. 33302

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 9 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se fai pública unha relación de notificacións de acordos de procedencia de reintegro de axudas concedidas ao abeiro do Programa de incentivos a plans empresariais de estabilidade laboral, reguladas na Orde do 30 de decembro de 2008 (Diario Oficial de Galicia número 10, do 15 de xaneiro de 2009) (expedientes TR345B 2009/8-3 e TR345B 2009/210-3).

Intentada a notificación destes acordos a través do servizo de Correos, e ao non ser posible a súa práctica, segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio desta cédula notifícaselles ás persoas interesadas o contido das resolucións que figuran no anexo.

Estas resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas poden interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpor recurso de reposición no prazo dun (1) mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselles o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias do Servizo de Traballo e Economía Social desta xefatura territorial, sito na avenida da Habana, 79, 7º andar, en Ourense, e a obter, se é o caso, copia deste, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 9 de xullo de 2015

José Selas Souto
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: TR345B 2009/8-3.

Nome: María del Carmen Justo Méndez.

NIF/CIF: 34993507L.

Último enderezo coñecido: (Aseys asesores) rúa Progreso, nº 155, 1º, local E, 32003 Ourense.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de tres (3) anos.

Precepto infrinxido: artigo 14.5 da Orde do 30 de decembro de 2008.

Contido da resolución: acordo de procedencia de reintegro da axuda.

Expediente: TR345B 2009/210-3.

Nome: Galega de Xestión e Reformas, S.L.

NIF/CIF: B32396582.

Último enderezo coñecido: rúa Encarnación, nº 2, 4º C, 32800 Celanova, Ourense.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de tres (3) anos.

Precepto infrinxido: artigo 14.5 da Orde do 30 de decembro de 2008.

Contido da resolución: acordo de procedencia de reintegro da axuda.