Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 13 de agosto de 2015 Páx. 33296

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cualedro (expediente IN407A 2015/52-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, nº 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: LMT, CT, RBT Lucenza.

Situación: Cualedro.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV de 217 m, con condutor RHZ1 e orixe na LMT VLL810 entre as acometidas ao CT Vilela e o CT Pedrosa e remate no CT proxectado Lucenza, manobra exterior de 250 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

RBT aerosubterránea de 1.880 m en aéreo con condutor RZ e 946 m en subterráneo con condutor XZ1 derivada do CT proxectado Lucenza.

Orzamento: 175.458,30 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días.

Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 22 de xullo de 2015

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Juan Ramón Velasco González
Xefe do Servizo de Administración Industrial