Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 13 de agosto de 2015 Páx. 33348

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2015 pola que se fai público o outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario.

Unha vez cumpridos os trámites previstos no artigo 85.7 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aplicable en defecto de lexislación autonómica propia, e nas demais normas de procedente aplicación, acordouse, en virtude das atribucións delegadas pola Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar do 30 de marzo de 2012, outorgar por resolución que pon fin á vía administrativa as seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes:

Resolución: 6 de abril de 2015.

Referencia: 14-01-04-C-1.

Obxecto: modificación substancial para autorizar obras de construción de instalación de subministración de combustible a embarcacións e para reflectir a nova distribución de prazas de amarre na concesión de instalacións náutico-deportivas.

Porto: Ribadeo.

Concesionario: Club Náutico Ría de Ribadeo.

Prazo: ata o 15 de maio de 2020.

Taxas: 57.090,1 €/ano en concepto de TODP, o 1 % do importe anual da cifra neta do volume de negocio xerado na instalación e o 2 % do importe anual da cifra neta do volume de negocio xerado pola actividade non portuaria en concepto de ACIS.

Resolución: 7 de maio de 2015.

Referencia: 12-46-04-C-1.

Obxecto: modificación substancial para ocupación das instalacións da lonxa municipalizada en réxime de monopolio, co obxecto de incluír no ámbito concesional a edificación destinada a clasificación do percebe.

Porto: Aguiño.

Concesionario: Concello de Ribeira.

Prazo: ata o 3 de xullo de 2029.

Taxas: 2.938,79 €/ano en concepto de TODP e 0,0015 € por quilogramo de peixe vendido na lonxa en concepto de ACIS.

Resolución: 27 de maio de 2015.

Referencia: 12-50-00-C-1.

Obxecto: modificación substancial, por ampliación por revisión, e prórroga da concesión para o desenvolvemento das actividades portuarias inherentes á explotación da lonxa.

Porto: A Pobra do Caramiñal.

Concesionaria: Confraría de Pescadores da Pobra do Caramiñal.

Prazo: ata o 24 de agosto do 2020.

Taxas: 945,76 €/ano en concepto de TODP e 0,0015 € por quilogramo de peixe vendido na lonxa en concepto de ACIS.

Resolución: 27 de maio de 2015.

Referencia: 12-33-00-C-1.

Obxecto: outorgamento da modificación substancial da concesión administrativa de ocupación dunha parcela de dominio publico portuario, con destino a explotación de local construído polo concesionario, e da explanada anexa para local social, bar-cafetaría, almacén, escola de vela e depósito de embarcacións deportivas no porto de Corcubión.

Concesionario: Club Marítimo Carrumeiro.

Prazo: ata o 24 de outubro do 2015.

Taxas: 2.610,35 €/ano en concepto de TODP, o 1 % do volume de negocio xerado no ámbito da concesión administrativa polo desenvolvemento das actividades portuarias e o 2 % das non portuarias en concepto de ACIS.

Resolución: 1 de xuño de 2015.

Referencia: 13-36-14-C-1.

Obxecto: explotación de nave e rampla varadoiro para a reparación e o mantemento de embarcacións.

Porto: Tragove.

Concesionaria: Intremar Servicios Integrales de Mantenimiento, S.L.

Prazo: 20 anos.

Taxas: 28.609,76 €/ano en concepto de TODP e o 1 % do importe anual da cifra neta de negocio das actividades desenvolvidas na instalación en concepto de ACIS.

Resolución: 30 de xuño de 2015.

Referencia: 12-55-00-C-1.

Obxecto: outorgamento da modificación substancial, para ampliación por revisión, e terceira prórroga da concesión para a explotación de lonxa.

Concesionaria: Confraría de Pescadores de Rianxo.

Prazo: ata o 14 de xullo de 2020.

Taxas: 7.842,96 €/ano en concepto de TODP, 0,0015 € por quilogramo de peixe vendido na lonxa, o 1 % do volume de negocio xerado no ámbito da concesión administrativa polo desenvolvemento das actividades portuarias e o 2 % das non portuarias en concepto de ACIS.

Contra os citados actos administrativos que esgotan a vía administrativa cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución que faga público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación, ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2015

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia