Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 12 de agosto de 2015 Páx. 33198

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilamarín

ANUNCIO de información pública sobre a modificación puntual número 3 do Plan parcial do parque empresarial de Vilamarín.

Aprobada inicialmente pola Xunta de Goberno Local do 20 de xullo de 2015 a modificacion puntual nº 3 do Plan parcial do Parque Empresarial de Vilamarín, promotor Costa Oeste Urbanizaciones, S.L., redactado polo enxeñeiro de camiños Canais e Portos, Pablo González Rodríguez, e pola arquitecta Ana Coello Pardo, de conformidade co disposto no artigo 86.1 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes mediante anuncio que se publicará no DOG e nos xornais La Región e La Voz de Galicia, computándose o dito período desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, co fin de que se poida examinar o seu contido e presentar as alegacións ou observacións que se consideren convenientes.

Queda suspendido o procedemento de outorgamento de licenzas dentro do ámbito afectado (grafado nos planos da documentación da modificación), isto é, a fase 2 do parque empresarial de Vilamarín. A suspensión terá unha duración máxima de dous anos e, en todo caso, extinguirase coa aprobación definitiva da modificación do citado plan.

Vilamarín, 21 de xullo de 2015

Amador Vázquez Vázquez
Alcalde