Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 12 de agosto de 2015 Páx. 33111

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (973/2014).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 973/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Begoña Góñez Góñez contra Fondo de Garantía Salarial e Belén González García sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo María Begoña Góñez Góñez contra a empresaria individual Belén González García e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresaria individual Belén González García a que lle aboe á demandante a cantidade de 21.303,17 euros brutos, polos salarios devindicados en abril de 2014, compensación económica polas vacacións non desfrutadas no ano 2014 e horas extraordinarias devindicadas entre o 1 de xaneiro de 2013 e o 30 de abril de 2014. incrementadas co xuro do 10 % por mora aplicable aos conceptos salariais.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Belén González García, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de xullo de 2015

A secretaria xudicial