Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 12 de agosto de 2015 Páx. 33179

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2015, do Servizo da Delegación Provincial da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación e o pagamento dos depósitos previos dos bens e dereitos afectados polas obras de traslado da pasarela peonil afectada polas obras na AC-552, AC-551 e DP- 0509, termo municipal de Arteixo (clave AC/13/096.07).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu número 2 a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e na execución da lexislación do estado en materia de expropiación forzosa.

Con data do 26 de febreiro de 2015, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios a efectos de expropiación para a mencionada obra polo Decreto 36/2015, publicado no Diario Oficial de Galicia do 16 de marzo de 2015.

O 19 de decembro de 2014 asinouse un convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Arteixo para o traslado da pasarela peonil afectada polas obras de acondicionamento da conexión das estradas AC-552, AC-551 e DP-0509.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do número dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Con data do 31 de decembro de 2014, a Xunta de Goberno Local do Concello de Arteixo certifica o acordo do Pleno sobre a aprobación do proxecto de montaxe da pasarela peonil no Seixedo, segundo o estipulado na cláusula terceira do convenio de colaboración anteriormente mencionado e que leva implícita a declaración de utilidade pública e a urxente ocupación, segundo o disposto no artigo 22.5 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia.

As obras recollidas no referenciado proxecto son necesarias para a montaxe dunha pasarela existente, gardada nun almacenamento temporal, nunha nova localización sobre a estrada AC-551, da cal, segundo o artigo 6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, constitúe un elemento funcional. Deste xeito restáurase a súa funcionalidade inicial.

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e no 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servizo, en uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Arteixo, para que comparezan no lugar, data e hora que se detallan a continuación co fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación nas cales se recollerán os datos necesarios para determinar os dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Lugar: Casa do Concello de Arteixo.

Data: 8 de setembro de 2015, das 9.30 ás 10.30 horas.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente, estarán expostos no Concello de Arteixo e no Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestuturas da Coruña (r/ Vicente Ferrer, nº 2, 8º andar).

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome e achegar os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución; pódense facer acompañar a súa custa, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido nos artigos 17, 18 e 19 da Lei de expropiación forzosa, e do 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante un prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución e ata o momento do levantamento da acta previa correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas da Coruña (r/ Vicente Ferrer, nº 2, 8º andar), as alegacións que xulguen pertinentes para os efectos previstos na regulación referida.

En cumprimento do disposto no artigo 49 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, do 26 de abril de 1957, este servizo resolveu tamén proceder a efectuar o pagamento dos depósitos previos e indemnizacións por rápida ocupación correspondentes a expedientes de expropiación forzosa instruídos para o termo municipal de Arteixo, con motivo das obras de referencia, o cal terá lugar:

Lugar: Casa do Concello de Arteixo.

Data: 8 de setembro de 2015, das 9.30 ás 10.30 horas.

No mesmo acto ofertaranselles aos propietarios as valoracións establecidas pola Administración para cada un dos predios en concepto de mutuo acordo.

O que se fai público, para xeral coñecemento, advertíndolles aos interesados que o pagamento se fará precisamente aos que figuren como donos da cousa ou titulares do dereito expropiado, que non se admitirá representación senón por medio de poder debidamente autorizado (notarial ou do Consulado), xa sexa xeral ou particular para este caso, e que se deberán identificar co documento nacional de identidade.

Así mesmo, comunícase que deberán comparecer no acto e xuntar as escrituras de propiedade dos predios e o documento nacional de identidade.

A Coruña, 22 de xullo de 2015

P.S. (Resolución do 20.7.2015)
Antonio López Grueiro
Enxeñeiro en funcións facultativas