Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 12 de agosto de 2015 Páx. 33153

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato dos servizos formativos para impartir ensinanzas especializadas na obtención de titulacións profesionais náutico-pesqueiras e certificados de especialidade, Fondo Social Europeo -FSE- nun 80 %, eixo 3, tema prioritario 72 (expediente 20/2015).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizos formativos para impartir ensinanzas especializadas na obtención de titulacións profesionais náutico-pesqueiras e certificados de especialidade.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22416

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 71, do 16 de abril de 2015.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto, non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 780.763 € (exento de IVE con base no artigo 20.1.9 da Lei 37/1992).

Valor estimado: 780.763 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data da resolución de adxudicación: 5 de xuño de 2015.

b) Adxudicataria: UTE ALFER-ECNSM Seguridad Marítima.

c) Importe: 624.610,00 € (exento IVE).

Importe total: 624.610,00 €.

d) Data de formalización do contrato: 6 de xullo de 2015.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: única proposta admitida que cumpre os requisitos dos pregos, polo que é a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2015

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar