Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 12 de agosto de 2015 Páx. 33145

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fai pública a adxudicación e a formalización dun seguro de accidentes de responsabilidade civil e de asistencia en viaxe para as actividades que organiza a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a adxudicación e a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

c) Número de expediente: 13/2015.

d) Perfil del contratante: www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22389

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato privado.

b) Descrición do obxecto: garantir as condicións de seguridade e asistencia e a responsabilidade civil das actividades que organiza a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, núm. 71, do 16 de abril de 2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: sesenta mil euros (60.000,00 €).

5. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 29 de xuño de 2015.

b) Contratista: Compañía Europea de Seguros, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: trinta mil euros (30.000,00 €).

e) Data de formalización: 30 de xuño de 2015.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2015

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar