Visto o expediente para outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, nº 2, Velle, 32960 Ourense.
Denominación: recuamento LMT e CT Sta. Mª Forxais.
Situación: Viana do Bolo.
Características técnicas:
LMT aérea a 15 kV de 15 m de lonxitude, con orixe na LMT ao CT Santa Mariña de Forxais con condutor LA-56/54,6 mm2 e remate no CT intemperie proxectado Santa María de Forxais, de 50 kVA e R/T 15.000/400-230 V.
RBT aérea de 2 m con condutor RZ 3×95/54,6 Al derivada do CT proxectado.
Orzamento: 18.754,27 euros.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ao seu dereito.
Ourense, 20 de xullo de 2015
P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Juan Ramón Velasco González
Xefe do Servizo de Administración Industrial