Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 12 de agosto de 2015 Páx. 33136

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica nos concellos de Lalín e Dozón (expediente IN407A 2015/129-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Agro Avícola 3, S.L.

Domicilio social: rúa do Rodo, nº 62, baixo S, 36365 Lalín.

Título: LMTA, LMTS e CT para unha granxa en Monte Medo.

Situación: Lalín e Dozón.

Características técnicas: LMT a 20 kV con entroncamento no apoio existente HV-400/11 da LMT LAL811 Rodeiro, no concello de Lalín, e final no CT proxectado. A liña consta dun primeiro tramo aéreo con condutor LA-56 de 17 metros, un segundo subterráneo con condutor RHZ de 218 metros e un terceiro, tamén aéreo, de 1.091,2. Centro de transformación intemperie de 50 kVA, RT 20 kV/400 V, situado en Monte Medo, Rodelas (Maceira-San Martiño), Dozón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 30 de xullo de 2015

P.A. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial