Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 12 de agosto de 2015 Páx. 33190

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 23 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica á persoa interesada a resolución do expediente sancionador ES-P-0018/14.

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de que se intentase a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada a resolución do expediente sancionador que se indica no anexo.

A eficacia desta cédula queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 23 de xullo de 2015

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio
Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Interesado: Luis Miguel Martínez Blanco.

Expediente: ES-P-0018/14.

Último domicilio coñecido: rúa Alameda, nº 14, planta 6ª, Pontevedra.

Indicación do contido: notifícase a resolución do procedemento sancionador ES-P-0018/14 en que se impón a Luis Miguel Martínez Blanco unha sanción no seu grao mínimo de multa de 750 € por incumprir as formalidades establecidas na Lei para o depósito de fianzas, de acordo do disposto no artigo 108 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia.

Recursos: contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.