Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Martes, 11 de agosto de 2015 Páx. 33038

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de licitación (expediente OA-08-2015).

1.1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Bergondo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Número do expediente: OA-08-2015.

1.2. Obra cofinanciada con fondos da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e do Feder ao abeiro da Orde do 4 de marzo de 2015 (DOG núm. 57, do 25 de marzo).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obra de reparación e mellora das rúas Parroquia de Guísamo, Parroquia de Cortiñán e Parroquia de Rois do polígono industrial de Bergondo.

b) Lugar de execución: Concello de Bergondo.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto, cun único criterio de adxudicación: factor prezo.

4. Orzamento de licitación.

Valor estimado: 225.640,51; IVE (21 %): 47.384,51 €; importe total: 273.025,02 € (condicionado á entrada en vigor da modificación orzamentaria, suplemento de crédito nos termos previstos no prego).

5. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: o 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE).

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello de Bergondo.

Enderezo: estrada da Coruña, nº 12.

Localidade e código postal: 15165 Bergondo.

Teléfono: 981 79 12 52.

Fax: 981 79 42 33.

7. Clasificación do contratista: non se exixe.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de trece días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio de licitación no BOP, no DOG ou no perfil do contratante, das 9.00 ás 14.30 horas.

b) Hora límite: ata as 14.30 horas do último día do prazo de presentación.

c) Documentación que cómpre presentar: a sinalada na cláusula 12ª do prego de cláusulas administrativas particulares que deberán de rexer esta contratación.

d) Lugar de presentación: Concello de Bergondo. Rexistro Xeral. Estrada da Coruña, nº 12, 15165 Bergondo.

9. Solvencia económico-financeira e técnica.

9.1. Documentación acreditativa da solvencia económica e financeira: declaración anual do IVE ou contas anuais. Mínimo de solvencia económica e financeira: do exame da documentación presentada debe resultar un volume de negocios relativo ao último exercicio, igual ou superior á metade do importe do contrato obxecto de licitación.

9.2. Documentación acreditativa da solvencia técnica: relación das obras públicas ou privadas de características e volumes análogos aos que se refire o prego, que a empresa executase dentro dos dez últimos anos, xuntando os certificados de boa execución xustificativos que se crean oportunos da realización de plena satisfacción das referidas obras, indicando o importe, as datas e o lugar de execución das obras. Os certificados, no caso de ser obra pública, presentaranse con visto e prace do órgano competente da Administración contratante. Mínimo de solvencia técnica: execución de dúas (2) obras, como mínimo, de natureza análoga á obra obxecto de licitación, que representen un importe conxunto igual ou superior á contía do contrato.

9.3. De conformidade co disposto no artigo 74.2, en relación co 75.3 e 76.2 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, establécese como clasificación indicativa en contratos do mesmo tipo co obxecto de licitación, de conformidade co disposto no Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, o grupo G, subgrupo 4, categoría f). Se se acredita a clasificación indicada, terá validez como forma de acreditar a solvencia neste contrato, para os efectos do previsto no artigo 65.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, e non será necesaria a presentación da documentación indicada nas epígrafes G.1 e G.2 do prego.

10. Apertura das ofertas.

a) Data: o terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións. No caso de cadrar en sábado, trasladarase ao día hábil seguinte.

b) Hora: ás 13.00 horas.

11. Outras informacións: obteranse no lugar e polos medios indicados no punto 6 do presente anuncio. Perfil do contratante: www.bergondo.es

12. Gastos dos anuncios.

Serán de conta do adxudicatario os gastos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Bergondo, 5 de agosto de 2015

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa