Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Martes, 11 de agosto de 2015 Páx. 33025

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 23 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental da concentración parcelaria de Perdecanai-Barro II (Barro).

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da concentración parcelaria de Perdecanai-Barro II (Barro-Pontevedra) e promovida pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural e do Mar. A citada declaración poderá ser consultada na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar (http://mediorural.xunta.es ) e na da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2015

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral de Desenvolvemento Rural