Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Martes, 11 de agosto de 2015 Páx. 33006

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 22 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de acumulación do expediente sancionador 2015119TA-CO ao expediente sancionador 2015045TA-CO.

Coa data do 16 de abril de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de acumulación do expediente sancionador 2015119TA-CO incoado a José Antonio Leis Trillo ao expediente sancionador 2015045TA-CO.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a José Antonio Leis Trillo o contido do dito acordo de acumulación que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro).

A Coruña, 22 de xullo de 2015

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2015119TA-CO.

Interesado: José Antonio Leis Trillo (Discoteca Nerio).

DNI/NIF/CIF: 76361947S.

Derradeiro enderezo coñecido: Río Quenxe, 42, 1º D, 15130 Corcubión.

Contido do acordo: a acumulación da documentación do expediente 2015119TA-CO aberto a José Antonio Leis Trillo, Discoteca Nerio, Cee (A Coruña), ao expediente sancionador 2015045TA-CO, pola coincidencia de feitos e identidade do suxeito.