Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 10 de agosto de 2015 Páx. 32799

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego da Calidade Alimentaria

ANUNCIO do 24 de xullo de 2015 polo que se convoca o proceso selectivo para a contratación dun/dunha técnico I, mediante a modalidade contractual de realización do proxecto de investigación EUC2014-C-51730 Vitis Europa-especialización e internacionalización investigadora vitivinícola.

No taboleiro de anuncios do Instituto Galego da Calidade Alimentaria e na súa web http://www.medioruralemar.xunta.es/nc/areas/investigacion_e_formacion/instituto_galego_da_calidade_alimentaria/documentacion/persoal/ aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria do proceso selectivo para a contratación dun/dunha técnico I mediante a modalidade contractual de realización do proxecto de investigación EUC2014-C-51730 Vitis Europa-especialización e internacionalización investigadora vitivinícola.

O prazo de presentación das solicitudes será de sete (7) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no dito enderezo electrónico e no taboleiro de anuncios do Instituto Galego da Calidade Alimentaria.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2015

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director do Instituto Galego da Calidade Alimentaria