Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 10 de agosto de 2015 Páx. 32855

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 23 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente PSC-CO-0065/2015-TRA e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a proposta de resolución do expediente PSC-CO-0065/2015-TRA e dous máis. É tamén de aplicación o artigo 59.5 desta lei, modificado pola Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, segundo a cal esta notificación ten que ser feita no BOE, e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, nº 2, 5º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da proposta de resolución e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, para formularen as alegacións e presentaren os documentos e informacións que xulguen oportunos. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de audiencia.

A Coruña, 23 de xullo de 2015

Enrique Luis de Salvador Sánchez
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0065/2015-TRA.

Persoa interesada: José Manuel Romero Vázquez.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Último enderezo coñecido: Cala Figueira, 9, PO. 2, Fisterra.

Expediente: PSC-CO-0152/2015-PPM.

Persoa interesada: Antonio Carlos Matos da Silva.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Último enderezo coñecido: Alimar 2000, A Ponte Pasaxe, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0153/2015-PPM.

Persoa interesada: Carlos Antonio Farias de Brito Junior.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Último enderezo coñecido: Sesteira, 3, 3º I, Perillo, Oleiros.