Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 10 de agosto de 2015 Páx. 32773

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 30 de xullo de 2015 pola que se procede á ampliación da dotación orzamentaria para o financiamento do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade desta consellería para o curso 2015/16.

Mediante a Orde de 30 de marzo de 2015 (Diario Oficial de Galicia do 15 de abril), a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocou o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade propia para o curso 2015/16.

O artigo 2 desta orde, que establece as aplicacións dos orzamentos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para o ano 2015, por un importe global de 540.000 €, recolle a posibilidade de ampliación destas contías, en función da dispoñibilidade orzamentaria, previamente á resolución definitiva da convocatoria.

Como consecuencia da existencia de crédito adecuado para poder ampliar o orzamento inicial, e á vista das necesidades valoradas, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Artigo único

Incrementar o orzamento para o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade propia para o curso 2015/16, por un importe de 300.000 € na aplicación 09.60.423A.628.1, destinada á adquisición de fondos documentais en distinto soporte, de acordo co establecido no artigo 2 da Orde do 30 de marzo de 2015 (Diario Ofical de Galicia do 15 de abril). Desta forma, o importe global destinado a este programa para o curso 2015/16 é de 840.000 €.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria