Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 10 de agosto de 2015 Páx. 32759

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 28 de xullo de 2015 pola que se determina a situación dunha nova estación fixa de inspección técnica de vehículos.

Os criterios polos que se regula, planifica e estrutura a rede de estacións de inspección técnica de vehículos en Galicia veñen fixados no Decreto 205/1994, do 16 de xuño, polo que se refunde a normativa vixente en materia de inspección técnica de vehículos.

A devandita norma, no seu artigo 1.2, establece que a situación das estacións fixas será determinada por orde da consellería competente en materia de industria, procurando a total cobertura do territorio, atendendo aos criterios de economía e custo mínimo global do servizo para os usuarios e posibilitando o autofinanciamento das estacións.

O exercicio das competencias para determinar a localización dunha nova estación fixa de inspección técnica de vehículos correspóndelle á Consellería de Economía e Industria, de acordo co establecido no Decreto 110/2013, do 4 de xullo, polo que se establece a súa estrutura orgánica.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Artigo único

Establecer a localización dunha nova estación fixa de inspección técnica de vehículos en Santiago de Compostela.

Disposición derradeira primeira

Facúltase o director xeral competente en materia de industria para ditar as disposicións necesarias para a aplicación desta orde.

Disposición derradeira segunda

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2015

Francisco Conde López
Conselleiro de Economía e Industria