Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 10 de agosto de 2015 Páx. 32837

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Coristanco (expediente IN407A 2015/181-1).

Número de expediente: IN407A 2015/181-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LAT 66 kV Carballo, Cabana AP 30-36.

Concello: Coristanco.

Características técnicas:

Recuamento de liña eléctrica aérea de 66 kV, nunha lonxitude de 1.442,78 metros, coa orixe no apoio número 30 existente e final no apoio número 37 existente, en condutor LA-180, instalaranse cinco apoios de metálicos de celosía.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 16 de xullo de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territoria da Coruña