Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Venres, 7 de agosto de 2015 Páx. 32666

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

ANUNCIO do 6 de agosto de 2015 polo que se dá publicidade á resolución da mesma data pola que se modifica a dedicación da praza de referencia AS1501-T01-515-A6-01 no concurso de profesor asociado (AS1501).

Por Resolución reitoral do 24 de xullo de 2015 convocouse concurso público para a contratación de profesorado asociado no curso académico 2015/16 que foi anunciado no Diario Oficial de Galicia o 27 de xullo coa referencia AS1501.

Por Resolución reitoral do 6 de agosto de 2015 modificouse a adicación da referencia AS1501-T01-515-A6-01 no anexo II da resolución da convocatoria de profesor asociado (AS1501), que pasa dunha dedicación de asociado/a T3-P6 a asociado/a T3-P3, e modificouse o código da dita referencia que queda como AS1501-T01-515-A3-02.

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13), en diante LOU, no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario, no II Convenio colectivo para o persoal docente e investigador das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e polo establecido nos estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 7/2010, do 14 de xaneiro (DOG do 2 de febreiro), da Xunta de Galicia, esta reitoría, no uso das competencias recoñecidas pola LOU, resolve proceder ao anuncio da referencia modificada:

10

Referencia:

AS1501-T01-515-A3-02

Prazas: 1

Área:

515 Enxeñaría dos Procesos de Fabricación

Departamento:

T01 Deseño na Enxeñaría

Categoría:

asociado/a T3-P3

Contratado/a

Titulación:

licenciatura, enxeñaría, arquitectura, grao

Perfil:

docencia en Enxeñaría de fabricación e Enxeñaría de fabricación e calidade dimensional

Centro(s) de traballo:

312 Escola de Enxeñaría Industrial - Vigo

Duración contrato:

2º cuadrimestre

Observacións:

autorización PV067/15 (data de autorización: 25.6.2015)

A información completa (bases da convocatoria, modelo de solicitude, etc.) pode consultarse no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral da Universidade (Edificio Xerencia-Servizos Centrais, Campus Universitario-Vigo) e nos rexistros auxiliares dos Campus de Ourense (Edificio Administrativo, Campus Universitario As Lagoas), Pontevedra (Escola de Enxeñaría Forestal, Campus Universitario A Xunqueira) e Vigo (Escola de Enxeñaría Industrial, r/ Torrecedeira, 86), así como na páxina electrónica http://persoal.uvigo.es/ , Servizo de Persoal Docente e Investigador, premendo en «emprego», «convocatorias de concurso» . Para outra información e aclaración de dúbidas poden dirixirse aos teléfonos 986 81 37 65 (Servizo de Persoal Docente e Investigador) e 986 81 36 00 (Negociado de Información).

O prazo de presentación de solicitudes para a referencia AS1501-T01-515-A3-02 é de dez días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, debendo dirixilas ao reitor no modelo oficial, obrigatoriamente acompañadas dos documentos acreditativos previstos na Resolución do 24 de xullo de 2015 (anuncio no DOG do 27).

Vigo, 6 de agosto de 2015

Por suplencia (Resolución 5.8.2015)
Manuel José Fernández Iglesias
Vicerreitor de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais