Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Venres, 7 de agosto de 2015 Páx. 32742

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Malpica de Bergantiños

ANUNCIO de licitación para o contrato de subministración e instalación de luminarias e demais material auxiliar para a renovación das instalacións de iluminación pública exterior sita nos lugares de Mens, Asalo e O Miñón (financiado mediante o Plan de aforro e investimento (PAI) 2015 da Deputación Provincial da Coruña).

1. Entidade adxudicataria:

a) Organismo: Concello de Malpica de Bergantiños.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Nº de expediente: PA 1/2015.

d) Obtención de documentación e información:

d.1) Dependencia: Secretaría.

d.2) Domicilio: avenida Emilio González, 1.

d.3) Localidade e código postal: Malpica de Bergantiños, 15113.

d.4) Teléfono: 981 72 03 18/981 72 00 01.

d.5) Telefax: 981 72 16 27.

d.6) Correo electrónico: correo@malpicadebergantinos.es

d.7) Enderezo da internet no perfil do contratante: www/contratosdegalicia.es/consultaperfil.jsp, plataforma de contratación da Xunta de Galicia.

d.8) Data límite de obtención de documentación e información: ata 2 días naturais antes da finalización do prazo para a presentación de proposicións.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: subministración e instalación de luminarias e demais material auxiliar para a renovación das instalacións de iluminación pública exterior sita nos lugares de Mens, Asalo e O Miñón.

b) Lugar de execución: concello de Malpica de Bergantiños.

c) Prazo de execución: 16 días naturais a partir do seguinte ao de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: non prorrogable.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, cun único criterio de adxudicación: factor prezo.

4. Orzamento de licitación:

a) Valor estimado: 50.943,74 €.

b) IVE (21 %): 10.698,19 €, prezo total (IVE incluído): 61.641,93 €.

4.bis. Financiamento: para atender as obrigas económicas que derivan para o Concello do cumprimento do contrato existe crédito no orzamento con cargo á aplicación 2015.165.633.00.

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: o 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE).

6. Requisitos específicos do contratista: véxase cláusula 3 e 4 do prego.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 15 días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP da Coruña, no perfil do contratante ou no DOG.

b) Modalidade de presentación: presencial ou por correo.

c) Lugar de presentación:

Dependencia: Rexistro Xeral do Concello.

Localidade e código postal: avenida Emilio González, 1 (Malpica de Bergantiños, 15113).

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.

9. Apertura de ofertas:

Enderezo: avenida Emilio González, 1 (Malpica de Bergantiños, 15113).

10. Gastos de publicidade: os gastos que xeren os anuncios cun máximo de 1.000 €.

Malpica de Bergantiños, 17 de xullo de 2015

Eduardo José Parga Veiga
Alcalde