Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Venres, 7 de agosto de 2015 Páx. 32687

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (284/2014).

Execución de títulos xudiciais 284/2014

Procedemento orixe: procedemento ordinario 1025/2012

Sobre ordinario

Demandante: Carlos Vázquez Figueiras

Avogada: María José Liste López

Demandado: Ángel Figueiras Loureiro

Avogado: Alejandro López González

Procurador: José Paz Montero

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 284/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Vázquez Figueiras contra Ángel Figueiras Loureiro, sobre ordinario, se ditou, o día 19 de xuño de 2015, decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia total por importe de 3.495,90 euros de principal, máis 349,59 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. De conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2015

A secretaria xudicial