Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Venres, 7 de agosto de 2015 Páx. 32716

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 22 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do procedemento sancionador PO-38/2014 por infracción en materia de horarios comerciais.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, intentada a notificación persoal da resolución do expediente sancionador e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 59.5 da referida lei, notifícaselle a interesada a resolución do expediente que figura como anexo.

A interesada poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Coordinación Industrial, Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria; Edificio Administrativo da Xunta de Galicia na Praza da Estrela, s/n, 6ª planta, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia desta.

Contra a resolución deste expediente a interesada poderá interpoñer recurso de reposición, ante o xefe territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que xulgue pertinente.

Vigo, 22 de xullo de 2015

P.O. (Decreto 110/2013)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial

ANEXO

Expediente: PO-38/2014.

Interesada: María Fernanda Grande Santos, DNI 76990438P.

Establecemento: Alimentación Fernanda.

Enderezo: rúa Lorenzo de la Carrera, 17, 36300 Baiona (Pontevedra).