Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Venres, 7 de agosto de 2015 Páx. 32533

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Facenda

DECRETO 108/2015, do 6 de agosto, polo que se dispón o cesamento de Ulpiano Leandro Villanueva Rodríguez como director da Axencia Tributaria de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, 65 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e 16.1 do estatuto da Axencia Tributaria de Galicia, aprobado polo Decreto 202/2012, do 18 de outubro, polo que se crea a Axencia Tributaria de Galicia e se aproba o seu estatuto, por proposta do conselleiro de Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día seis de agosto de dous mil quince,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, Ulpiano Leandro Villanueva Rodríguez como director da Axencia Tributaria de Galicia, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, seis de agosto de dous mil quince

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda