Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Venres, 7 de agosto de 2015 Páx. 32718

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 19 de xuño de 2015, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2014145TA-OU por infracción en materia sanitaria.

Con data do 28 de abril de 2015, a directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública ditou resolución do expediente sancionador 2014145TA-OU incoado na Xefatura Territorial de Ourense a Fernández Rodríguez, Jorge (Café Bar Tropical).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio desta cédula notifícaselle a Fernández Rodríguez, Jorge (Café Bar Tropical), DNI: 36145787E, propietario do Café Bar Tropical, con domicilio na rúa Cervantes, 16, 32860 Entrimo (Ourense) a declaración de caducidade do expediente sancionador 2014145TA-OU, por infracción en materia sanitaria, iniciado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Ourense por exceder o prazo de seis (6) meses para a súa resolución.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso de alzada, ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2015

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública