De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles aos titulares dos establecementos que se especifican no anexo as resolucións dos recursos de alzada que se relacionan, interpostos contra as resolucións recaídas en expedientes sancionadores tramitados na provincia de Pontevedra por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.
Para coñecer o contido íntegro das resolucións que se sinalan no anexo a este anuncio, os interesados poderán comparecer no prazo de dez días hábiles desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Este anuncio publícase para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Así mesmo, ponse en coñecemento dos interesados que as resolucións relacionadas no anexo esgotan a vía administrativa e poderán interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado contencioso-administrativo correspondente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, sen prexuízo de que poidan presentar calquera outro recurso que xulguen conveniente.
Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2015
Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza
ANEXO
Nº expediente |
Recorrente |
Enderezo |
Establecemento |
Acto notificado |
Sentido do acto notificado |
PO-EP 394/13 NL |
Nieves Pereira Romero |
r/ Sanz, nº 11, 36700 Tui (Pontevedra) |
Bar La Noche |
Resolución do recurso de alzada |
Inadmisión |
PO-19/14 |
Nieves Pereira Romero |
r/ Sanz, nº 11, 36700 Tui (Pontevedra) |
Bar La Noche |
Resolución do recurso de alzada |
Inadmisión |
PO-84/14 |
Nieves Pereira Romero |
r/ Sanz, nº 11, 36700 Tui (Pontevedra) |
Bar La Noche |
Resolución do recurso de alzada |
Inadmisión |
PO-EP 135/13 |
Dejanira Jose da Silva |
Avenida de Lugo, nº 13, 5 D, 36004 Pontevedra |
Club Pigalle |
Resolución do recurso de alzada |
Desestimatorio |
PO-EP 64/13 NL |
Carmen Pazos Estonllo |
A Ruibal, nº 4, Salcedo 36156 Pontevedra |
Casa Carmen |
Resolución do recurso de alzada |
Estimatorio parcial |
PO-EP 555/12 |
Miguel García Cabezas |
Rúa Progreso, nº 37, 2º esquerda, 36202 Vigo (Pontevedra) |
Thelonius |
Resolución do recurso de alzada |
Desestimatorio |
PO-EP 586/12 NL |
José Joel Apezteguia Caraballo |
Avenida de Castrelos, nº 150-1º F, 36210 Vigo (Pontevedra) |
Sabor Cubano |
Resolución do recurso de alzada |
Desestimatorio |
PO-EP 263/13 |
Domingos Antonio Pires (Hostelería Hot, S.L.) |
Avenida de la Florida, 22, 2º A, 36210 Vigo (Pontevedra) |
Hostelería Hot, S.L. |
Resolución do recurso de alzada |
Desistencia |