Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Xoves, 6 de agosto de 2015 Páx. 32511

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 21 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se comunica a aprobación do acordo de concentración parcelaria da zona de Parada II (Ordes).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Parada II (Ordes-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 209/1991, do 13 de xuño (Diario Oficial de Galicia núm. 118, do 21 de xuño), o seguinte:

Primeiro. O 20 de xullo de 2015, o director xeral de Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de concentración parcelaria da devandita zona, logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo. O acordo de concentración será notificado individualmente a cada un dos afectados e estará exposto ao público no Concello de Ordes e na zona. Os documentos que se poderán examinar refírense aos predios de substitución, onde constan as situacións xurídicas derivadas das parcelas de procedencia, as fichas de atribucións, os planos e outros.

Terceiro. Contra o acordo, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural e do Mar, dentro do prazo de trinta días, contados dende o seguinte ao da recepción da notificación persoal ou da publicación substitutiva. Os recursos poderán presentarse na Xefatura Territorial da Coruña (Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, nº 2), nas oficinas centrais da Consellería en Santiago de Compostela (San Caetano, s/n) ou en calquera das dependencias as que fai referencia o artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 21 de xullo de 2015

Enrique Luis de Salvador Sánchez
Xefe territorial da Coruña