Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Xoves, 6 de agosto de 2015 Páx. 32424

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2015, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 99, do 26 de maio), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 29 de xullo de 2015, o tribunal nomeado pola Orde do 23 de marzo de 2015 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, acordou, de conformidade co disposto na base II.2.3 da convocatoria, que o terceiro exercicio do proceso selectivo terá lugar o día quince (15) de setembro de 2015, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 2 da Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compostela.

De acordo co establecido na base II.2.3, os aspirantes poderán servirse de textos legais sen comentarios, admítense versións consolidadas con notas de vixencia ou referencia a outras normas. Non se permiten as anotacións con ningunha outra información, comentario doutrinal ou referencia xurisprudencial. Está expresamente prohibida a utilización de libros de consulta, temarios, informes, resolucións ou ditames de calquera tipo.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2015

María Sol González Regal
Presidenta do tribunal