Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Mércores, 5 de agosto de 2015 Páx. 32233

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 27 de xullo de 2015 pola que se modifica a Orde do 19 de xullo de 2013 pola que se aproba o Regulamento da indicación xeográfica protexida Pemento da Arnoia e do seu consello regulador, e se nomea o Consello Regulador provisorio.

Por Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar do 19 de xullo de 2013 aprobouse o Regulamento da indicación xeográfica protexida Pemento da Arnoia e do seu consello regulador, e nomeouse o Consello Regulador provisorio.

En reunión do Pleno deste consello regulador que tivo lugar o pasado día 1 de xullo acordouse propor á Consellería do Medio Rural unha modificación da composición deste órgano.

De acordo co anterior, e co disposto no artigo artigo 4 do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores,

DISPOÑO:

Artigo único

Modifícase o artigo 2 da Orde do 19 de xullo de 2013, da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se aproba o Regulamento da indicación xeográfica protexida Pemento da Arnoia e do seu consello regulador, e se nomea o Consello Regulador provisorio, que queda redactado da seguinte maneira:

«Artigo 2. Nomeamento do Consello Regulador provisorio

Noméase, por proposta do sector, o Consello Regulador da indicación xeográfica protexida Pemento da Arnoia, con carácter provisorio ata que se celebren eleccións na forma determinada pola normativa vixente.

Queda formado polos membros seguintes:

Presidente: Francisco Vázquez González.

Vogais:

Adrián Viso González.

María Alicia Lage Augusto.

Manuel Vázquez Alonso.

Miguel Ángel Santamaría Lorenzo.

Rodrigo Aparicio Santamaría.»

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2015

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar